| Eventos |
|
|
|
|
| Cuarto encontro do proxecto ICHNOS | |
| |
| Desde Miércoles 1 Febrero 2006 - 08:00 Hasta Jueves 2 Febrero 2006 - 17:00 Cada día | |
Representantes de Cerdeña, Vysocina e Galicia reuniranse en Galicia no cuarto encontro do proxecto ICHNOS os vindeiros 1 e 2 de febreiro. O Centro de Supercomputación de Galicia acollerá ás delegacións das tres rexións que participan no proxecto: a rexión de Vysocina (República Checa), Ancitel Sardegna (sección de Cerdeña da Asociación Nacional de Municipios italiana) e o Centro de Competencias en Comercio Electrónico do CESGA (Galicia). O proxecto, financiado polo programa europeo INTERREGIIIC e que botou a andar en marzo de 2005, ten prevista a súa finalización en febreiro de 2007. ICHNOS – acrónimo de Innovation and Change: Network of One-Stop Shops- persegue analizar o modo no que as administracións públicas poidan ser máis eficientes na súa interacción con emprendedores e empresarios, tanto nos trámites de creación de empresas, como nas súas medidas de apoio ás mesmas. Para elo, céntranse no estudo das xanelas únicas empresariais así como no dos centros de competencias. Nas reunións trataranse, ademais doutros temas, as conclusións dos seus primeiros informes acerca das experiencias de xanelas únicas nos países implicados. Asimesmo, participarán expertos dos tres países, entre os que se atopa o Director Xeral de Industria e Minas da Xunta de Galicia, don Anxo Calvo Silvosa e o Vicedecano de Relacións coa Industria da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, don Víctor Manuel Gulías Fernández. |
|
|
|
|






