Logo ICHNOS      
Inicio
 
 
Conferencia Internacional BizPoint
28.09.2006

[Información sobre a Conferencia]  [Conference information]

[Programa da Conferencia]  [Conference Programme]

Image


 

 

 

 

 

O pasado 15 de febreiro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a terceira conferencia internacional organizada polo proxecto ICHNOS: BizPoint-Conferencia Internacional sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara ás Empresas (A2B) e Apoio a Empresas. 

O evento permitiu coñecer o enfoque e plans das principais institucións e expertos relacionados coa materia,  así coma os casos europeos de éxito, e constituiu un foco de encontro para estimular o debate sobre os temas tratados. A conferencia Biz Point acollerá o peche do proxecto europeo ICHNOS, no que se presentarán os principais resultados do mesmo.

 

A Conferencia trata sobre os seguintes temas:  

  • Xanelas Únicas Empresariais en Europa
  • A2B (Administration to Business): Comunicacións  e servizos das administracións públicas ás empresas
  • Apoio a empresas

 

Secretaría Técnica do Comité Organizador: Europublic

 

Proxecto ICHNOS

O proxecto europeo ICHNOS –Innovation and Change: Network of One-Stop Shops- parte da premisa de que a implementación de Xanelas Únicas ou Puntos de Acceso Únicos empresariais representa, en moitas rexións, un instrumento  clave para promocionar o desenvolvemento local.

Financiado con fondos INTERREGIIIC, o proxecto púxose en marcha en marzo de 2005 co obxectivo de definir  un modelo organizacional de Centro de Competencias Rexional para Xanelas Únicas que poida ser transferido a outras rexións europeas así como  crear ferramentas tecnolóxicas que faciliten a xestión aos traballadores de xanelas únicas.

Máis información do proxecto Ichnos

 
Acordo final sobre a Directiva Bolkestein
16.11.2006
O Parlamento Europea acadou o pasado 15 de Novembro, un acordo final sobre a Directiva de Servizos. Con anterioridade, este mismo ano, o Consello chegou a un acordo sobre unha posición somún da Directiva. O día 15 o Parlamento Europeo aceptou a Posición Común do Congreso con modificacións técnicas mínimas.
[+]
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 7 de 1274
 
 
 

Eventos

 
 
Outubro 2008
L M Me X V S D
29301 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com