A conferencia internacional Biz Point sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara ás Empresas (A2B) e Apoio a Empresas terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de compostela o vindeiro día 15 de febreiro de 2007.
Inscripcións e Secretaría Técnica do Comité Organizador de Biz Point
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Marineda organiza unha xornada de Software Libre
23.11.2006
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Marineda, agrupación de empresarios da área da Coruña, organiza unha xornada sobre Software Libre orientada a introducir aos asistentes no mundo do código aberto. A xornada celebrarase o vindeiro luns 27 de novembro de 10 a 14 horas nas instalacións do ITE de Caixa Galicia .
No 2007 poderán crearse sociedades limitadas por Internet
20.11.2006
O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que permite a constitución de sociedades de responsabilidade limitada a través de Internet e que entrará en vigor a comezos do próximo ano. A norma pretende estender a tramitación telemática, ata agora unicamente reservada á sociedade limitada nova empresa, á constitución de calquera sociedade de responsabilidade limitada.