Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> The Centre >> O Centro de Competencias presentará mañá os resultados finais do proxecto e-MINDER
 
O Centro de Competencias presentará mañá os resultados finais do proxecto e-MINDER
17.11.2003 Print PDF Email
Mañá mércores, 19 de novembro, terá lugar ás 12:00 horas no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, a presentación de resultados do proxecto europeo e-MINDER e do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia. No acto intervirán o Director Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia, o Ilmo. Sr. D. Pedro Merino Gómez e o Director Xerente CESGA, D. Javier García Tobío.

Durante a rolda de prensa presentarase ós medios os resultados do proxecto europeo e-MINDER, no que está integrado o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia. O Centro de Competencias botou a andar oficialmente en marzo de 2002 co apoio da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a xestión do CESGA. Desde setembro de 2001, este proxecto IST do V Programa Marco da UE vén traballando na promoción do comercio electrónico e as novas tecnoloxías entre as PEMES (pequenas e medianas empresas) de tres rexións periféricas europeas: Pomerania (Polonia), Chipre e Galicia.

Na nosa comunidade, a aplicación práctica deste proxecto deu pé ó Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia. O Centro de Competencias desenvolveu as súas actividades a partir de catro áreas, que cumpriron con éxito as expectativas iniciais do proxecto. A través da área de formación organizáronse diversos eventos formativos ós que asistiron preto de mil empresarios e persoal de PEMES.

Desde a área de comunicación, publicáronse 15 números da revista “e-negociogalicia”, cunha tiraxe de 7.000 exemplares, e a páxina web (www.e-negociogalicia.com) acadou máis de 105.000 sesións de usuario. Ademais, foron numerosas as empresas que empregaron o servicio de soporte do centro para asesorarse sobre cómo materializar as súas iniciativas de comercio electrónico. Por último, a área de observatorio sacou á luz os informes e-Barómetro 2002 e 2003 (Empresas e Usuarios), elaborados sobre estudios do Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas de Universidade de Santiago (USC).

Presentación de resultados do proxecto e-MINDER

Data: Mércores, 19 de novembro.

Lugar: Clube Internacional de Prensa. Avda. de A Coruña 6-baixo, Santiago de Compostela.

Hora:12:00 h.

Máis información: Notas de prensa

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com