Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> The Centre >> O proxecto e-MINDER presenta resultados finais
 
O proxecto e-MINDER presenta resultados finais
18.11.2003 Print PDF Email
A presentación dos resultados do proxecto europeo e-MINDER, que ten por obxetivo axudar ó desenvolvemento do comercio electrónico e das novas tecnoloxías entre as PEMES, celebrouse no marco da "Semana da Ciencia e da Tecnoloxía de Galicia 2003". No acto déronse a coñecer as accións de asesoramento, formación e sensibilización das empresas levadas a cabo polo Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia nos seus dous anos de vida. O Director Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta, Pedro Merino, foi o encargado de abrir o acto. A presentación dos resultados do proxecto europeo e-Minder e da súa aplicación práctica en Galicia, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, foi levada a cabo polo Director-Xerente do CESGA, Javier García Tobío.

O Director-Xerente do CESGA explicou que a misión do Centro de Competencias foi a de detectar as necesidades reais para a activación de iniciativas de comercio electrónico entre as PEMES galegas. Así, desde o Observatorio do Centro fíxose un diagnóstico da situación en Galicia en canto a nivel de penetración e emprego das tecnoloxías da información e comunicación e do comercio-e en empresas e usuarios, a través dos informes e-Barómetro 2002 e 2003. Tobío sinalou tamén que preto de mil empresarios e persoal de PEMES beneficíaronse do programa de formación de comercio-e para PEMES.

O acto foi pechado polo director Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial da Xunta, José Manuel González, quen sinalou que Galicia ocupa o posto número 12 sobre as 17 comunidades autónomas de España en canto a implantación do comercio electrónico nas PEMES.

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com