|
Vigo acolle do 19 ó 21 de maio unhas xornadas sobre Novas Tecnoloxías aplicadas ás empresas nas que participará o Centro de Competencias en Comercio Electrónico.
O primer día, mércores 19, os temas a debate serán a seguridade informática e os virus. As charlas extenderanse ó longo de toda a xornada e os ponentes representarán a distintos ámbitos empresariais e sectoriais. Así, co título "Presente, pasado y futuro de los virus informáticos", abrirase este foro de marcado carácter galego. Representantes de empresas como Soluziona ou Panda Software, de corpos como a Gardia Civil, a Interpol ou expertos no tema como Manuel Arrevola, de Internet Security Systems, intentarán explicar cómo enfrentarse ós ataques informáticos máis perigosos.
O xoves 20, terán lugar oito conferencias que versarán sobre as tecnoloxías móbiles. Así, debatirase sobre a tecnoloxía RFID, sobre o ADSL Wi-fi, sobre os servicios das redes móbiles de 3ª xeneración ou sobre o 3Gsentinel, é dicir, sobre a seguridade e domótica dende o móbil. A aplicación destas tecnoloxías ás empresas e os dispositivos que poden adoptar as mesmas, serán outro dos temas sobre os que se discutirá.
Finalmente, o día 21, o comercio electrónico será o gran protagonista da última xornada que contará coas intervencións de Ramón Basanta e Diego Nieto do Centro de Competencias en Comercio Electrónico. Os datos máis recentes sobre esta tendencia ou a súa aplicación en Galicia ou en España ocuparán as primeras conferencias do día no que tamén se debatirán outros aspectos como o Proxecto e-AQUA (comercio electrónico na acuicultura), a e-factura ou a i-nova.
Por último, tamén se debatirá sobre a formación medioambiental nas PEMES ou sobre a venta virtual. |