|
Os cursos do IGAPE están dirixidos ós xestores e directivos das empresas e enfocados ó uso da Rede como ferramenta de mellora dos negocios
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) organiza, por diferentes comarcas da comunidade, distintos seminarios gratuitos que teñen como obxectivo que o tecido empresarial aproveite as vantaxes competitivas que se derivan das TIC.
Estos seminarios teñen una duración de oito horas e desenvolvense xeralmente durante un único día. O contido dos cursos versa sobre materias como comercio electrónico, páxinas web de interese empresarial, creación de páxinas propias, axilización de trámites con outras entidades, seguridade e protección de datos empresariais ou software de código aberto como posibilidade de aforrar custes.
O ciclo de cursos comenzou no mes de maio e concluirá en decembro. Os próximos encontros desenvolveranse en Castro Caldelas (día 6 de xullo), Monforte de Lemos (19 de xullo), en Ribeira (21 de xullo), Ames (26 de agosto) e en Muras (30 de agosto). Os interesados en coñecer o calendario completo poden consultarlo na páxina www.igape.es.
FONTE: lavozdegalicia.es |