| O Centro de Competencias, presente no VIII Congreso Español de Sociología | ||||
|
|
No congreso foi presentada unha ponencia realizada pola UDC en colaboración co Centro de Competencias en Comercio Electrónico, na que se revisa a situación do comercio minorista en materia de TIC.
Ó Congreso, celebrado en Alicante entre o día 23 e o 25 de setembro, acudiron numerosos representantes da investigación sociolóxica en España. A contribución do Centro de Competencias e UDC (Implantación de las nuevas tecnologías de la información y la comunicación en el comercio minorista en áreas de segundo nivel en Galicia) estaba incluida no grupo de traballo SOCIOLOGÍA DEL CONOCIMIENTO Y DE LA CIENCIA Y LA TECNOLOGÍA (GT23), na Sesión 1ª "Sociología de la tecnología de la sociedad de la información" Os autores da contribución son Ramón Basanta Cheda, Marcos Fernández Francos e Julio Ramos Martínez (Universidade da Coruña). A contribución foi realizada no marco do proxecto de investigación Comerci@, (medios de pago e comercio electrónico no pequeno comercio) realizado polo CESGA en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra e a UDC. COMERCI@ encádrase no Programa de Sociedade da Información da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Descarga do resumo da sesión: [.PDF, 180KB] |
| < Prev | Next > |
|---|

