|
A Federación Galega de Comercio iniciará a vindeira semana en Sarria dous cursos de Informática Aplicada para a Xestión Comercial (nivel básico e avanzado), dentro do programa de formación continua para o ano 2005 posto en marcha por este colectivo que agrupa a comerciantes.
Os cursos están dirixidos a traballadores en activo do sector comercio e ambos empezarán o mércores e desenvolveránse hata o 18 de maio e o 19 de abril, respectivamente.
Os comerciantes e traballadores do sector poderán participar tamén en outros 18 cursos que comenzarán a vindeira semana na modalidade de e-learning ou teleformación. Serán sobre Word 2003, Access 2003, Excel 2003, Outlook 2003, prevención de riscos laborais e técnicas de venda e inglés, entre outros.
FONTE: www.comerciogalicia.com |