Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Observatorio >> O comercio electrónico en España aumenta un 25% no segundo trimestre do ano
 
O comercio electrónico en España aumenta un 25% no segundo trimestre do ano
17.10.2005 Print PDF Email
Segun o informe da CMT o comercio electrónico en España a través de entidades de medios de pago rexistrou, no segundo trimestre do ano, un volumen de negocio de 393 millóns de euros, o que supón un incremento do 25% respeto ó trimeste anterior. O estudio trimestral elaborado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) revela que os españois realizaron durante o periodo de referencia un total de 4,6 millóns de operacións, un 14 por cento máis que no primeiro trimestre de 2005.

Os 393 millóns de euros xerados en 4,6 millóns de operacións distribuironse principalmente entre os sectores do transporte aéreo, co 21 por cento, e a mercadotecnia directa e o negocio das axencias de viaxe e os operadores turísticos, que acapararon o 9 por cento do volume, cada un.

O volumen de negocio das transaccións realizadas dende España e dirixidas cara a países do exterior acadou 215 millóns de euros, un 18 por cento máis que no trimestre anterior, en máis de dous millóns de operaciones.

A maior parte do volume de negocio xerado por este tipo de compras foi a parar a países membros da Unión Europea (UE), co 83 por cento do total, mentras que os Estados Unidos captaron o 11 por cento do importe total.

As compras españolas ó exterior por comercio electrónico concentraronse principalmente nos sectores do transporte aéreo, co 18 por cento; xogos de azar e apostas, 9 por cento, a mercadotecnia directa, co 7,8 por cento; os servizos legales, de contabilidade e xestión, co 6,8 por cento, e as axencias de viaxes e operadores turísticos, co 6,7 por cento.

O comercio electrónico xerado en España e dirixido a páxinas web radicadas dentro do país acadou un volume de negocio durante o segundo trimestre do ano de 115 millóns de euros, un 32 por cento máis que nos tres primeiros meses de 2005, en 1,7 millóns de operacións.

Descargar estudio completo da CMT (.pdf)

FONTE: madrimasd.org

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com