| Adquisición de equipos de comunicacións para acceso a redes públicas electrónicas | ||||
|
|
Resolución do 30 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade ao convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as entidades colaboradoras para a promoción do acceso empresarial á Sociedade da Información en Galicia.
Fin de prazo: 30 de abril de 2007
Beneficiarios: Entidades mercantís de carácter privado, entidades cooperativas ou empresarios individuais, con sede social e/ou centros de traballo en Galicia con actividade económica.
Subvención: Acción dedicada a facilitar a adquisición de equipos de comunicacións que permitan o acceso ás redes públicas electrónicas, considerando aqueles elementos que están directamente conectados a estas redes e non os equipos que forman parte das redes interiores das empresas que se conectan os primeiros para o acceso ás redes públicas.Recolle como investimentos ss centrais de transmisión de datos sobre protocolos IP, centrais de voz, equipos de conmutación e enrutamento, equipos dedicados a vehículos ou máquinas. Non se considerarán elementos interiores de rede de usuario (terminais, cableado, electrónica activa o pasiva, ….) nin ordenadores personais. A axuda acadará o 40% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 1.500€ para cada proxecto.
Tramitación: As entidades colaboradoras realizarán os trámites ante a Consellería para a obtención das axudas por parte das empresas e adiantarán a contía das mesmas ás empresas.
As entidades colaboradoras son: Información completa: (DOG 06/06/2005). FONTE: camaradelugo.com |
| < Prev | Next > |
|---|

