| Empréstitos para financiar proxectos de emprendedores en Galicia | ||||
|
|
Estableceuse o tipo de interese de referencia para o primeiro semestre de 2006
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) estableceu o tipo de interese de referencia para o primeiro semestre de 2006, que será de 2,5%, para as operacións acollidas ó programa de empréstitos para financiar proxectos de emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establécese no Diario Oficial de Galicia de 20 de decembro de 2005. O Programa de Emprendedores, caracterízase por ser un programa de apoio integral a novos emprendedores e iniciativas innovadoras, que inclúe apoios diversos, entre os que se adoptan a concesión de empréstitos.` Con este programa quérese cubrir as dificultades de accesibilidade dos recursos financeiros con que se poden encontrar estes proxectos, considerando de gran interese a posta en marcha dunha liña de prestamos que debe completar a oferta existente do mercado financeiro, especialmente para proxectos que puidesen presentar riscos de implantación superiores ós que se poden considerar habituais, pero que contan con bases mínimas de viabilidade. Por iso, IGAPE considerando de gran interese a habilitación desta liña de financiamento para emprendedores, poderá incrementar as súas dotacións coa achega que se acorde, mediante a subscrición de Convenios de Colaboración con outras Administracións Publicas ou entidades públicas ou privadas. Fonte: Ayudas.net |
| < Prev | Next > |
|---|

