Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> The Centre >> Xornada sobre a firma electrónica do ITG
 
Xornada sobre a firma electrónica do ITG
29.11.2005 Print PDF Email
O Instituto Tecnológico de Galicia e a Consellería de Innovación e Industria organizan unha Xornada sobre certificación dixital no Pazo de Congresos de Santiago. A xornada "CERTIFICACIÓN DIGITAL Y FACTURACIÓN ELECTRÓNICA: SOLUCIONES PARA LA INTEROPERABILIDAD" terá lugar o próximo xoves día 1 de decembro a partir das 10 da mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. O acto, de carácter gratuíto, conta coa participación do Centro de Competencias en Comercio Electrónico e empresas galegas que veñen de implementar a facturación electrónica.

O obxectivo fundamental da xornada é facilitar ás empresas o acceso á Sociedade da Información a través da tramitación telemática, o comercio electrónico, as solucións para a facturación electrónica e o uso da certificación dixital.

O evento está dirixido a empresarios, directivos, técnicos e profesionais de empresas que estén interesados en implementar solucións de interoperabilidade nos seus procesos de negocio, como a facturación electrónica.

 
< Prev
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com