|
Os ministros Administracións Públicas e de Industria, Turismo e Comercio firmaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica segundo o cal se comprometen a gastar 20 millóns de euros durante 2006. O DNI electrónico e a rede 060' son os principais obxectivos do acordo.
O acordo inclúe proxectos concretos propostos por ambos os dous ministerios. As redes de comunicacións, a interoperabilidade, a definición de estándares, os fujos e modelos de datos, e a dotación de recursos para a posta en marcha de servizos de administración electrónica son os obxectivos principais. Tamén se contempla neste acordo o desenvolvemento de novos servizos en torno ao DNI electrónico mediante a plataforma de validación electrónica. Montilla anunciou que antes de finalizar o ano haberá dispoñibles máis de cen servizos electrónicos ligados ao DNI. A rede 060 de axuda ao cidadán sobre administración electrónica tamén recibirá un impulso. Segundo o ministro Sevilla, os logros deste acordo poderán avaliarse a final de ano "para ver o que o Goberno fixo". "Queremos unha Administración á altura dos cidadáns, sen colas, con prazos, compromisos, cantidades e obxectivos", engadiu. Fonte: elmundo.es |