Logo ICHNOS     Logo ICHNOS
Inicio >> Actualidade >> 20 millóns de euros para impulsar en España a administración electrónica
 
20 millóns de euros para impulsar en España a administración electrónica
22.03.2006 Imprimir PDF Email
Os ministros Administracións Públicas e de Industria, Turismo e Comercio firmaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica segundo o cal se comprometen a gastar 20 millóns de euros durante 2006. O DNI electrónico e a rede 060' son os principais obxectivos do acordo. O acordo inclúe proxectos concretos propostos por ambos os dous ministerios. As redes de comunicacións, a interoperabilidade, a definición de estándares, os fujos e modelos de datos, e a dotación de recursos para a posta en marcha de servizos de administración electrónica son os obxectivos principais.

Tamén se contempla neste acordo o desenvolvemento de novos servizos en torno ao DNI electrónico mediante a plataforma de validación electrónica. Montilla anunciou que antes de finalizar o ano haberá dispoñibles máis de cen servizos electrónicos ligados ao DNI. A rede 060 de axuda ao cidadán sobre administración electrónica tamén recibirá un impulso.

Segundo o ministro Sevilla, os logros deste acordo poderán avaliarse a final de ano "para ver o que o Goberno fixo". "Queremos unha Administración á altura dos cidadáns, sen colas, con prazos, compromisos, cantidades e obxectivos", engadiu.

Fonte: elmundo.es

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos eventos

No Latest Events
 

Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com