| PayPal ofrecerá servizos de pagamento a través de mensaxes de texto | ||||
|
|
A compañía de pagamentos online PayPal preparan un servizo para que os consumidores fagan compras ou transferencias de diñeiro usando simples mensaxes de texto a través dos teléfonos móbiles.
A compañía de pagamentos online PayPal preparan un servizo para que os consumidores fagan compras ou transferencias de diñeiro usando simples mensaxes de texto a través dos teléfonos móbiles. A iniciativa de PayPal, división da empresa de poxas online eBay, significa un gran paso para tender pontes entre os mundos do comercio en Internet e o comercio tradicional, xa que se dará aos usuarios a opción de pagar sobre a marcha a través do teléfono, segundo os analistas. O servizo, coñecido como PayPalMobile, se lanzará nas próximas dúas semanas en EEUU, Canadá e Reino Unido. Despois seguiranlle outros mercados do resto do mundo. As noticias sobre esta iniciativa filtráranse previamente, cando algúns blogueros acharon vínculos para páxinas de proba no sitio web de PayPal. Os detalles pódense encontrar nesta dirección. Co tempo, a empresa podería tratar de ampliar o servizo aos máis de cincuenta e cinco países e rexións onde PayPal está rexistrada para trasferir fondos online. Porén, portavoces de PayPal aseguraron que aínda non teñen proxectos específicos para o facer. FONTE: baquia.com |
| < Prev | Next > |
|---|

