| Expertos en TIC asesorarán a Jordi Sevilla para impulsar a administración electrónica | ||||
|
|
O ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla anunciou nunha comisión do Senado unha serie de medidas para reducir os trámites burocráticos.
Entre elas está a creación do Consello Asesor de Administración Electrónica, formado por expertos. Personalidades do mundo das TIC e a economía como Rosa García, conselleira delegada de Microsoft Ibérica, Amparo Moraleda, presidenta de IBM España, Luis Lada, presidente de Telefónica de España, Juan Souto, presidente de honra de HP España, Carlos Vidal, presidente de Accenture España e o economista Emilio Ontiveros, entre outros, foron os electos polo MAP para conformar o Consello. O novo organismo reunirase, polo menos, unha vez ao semestre, terá como obxectivos identificar necesidades, obstáculos e oportunidades para a transformación da Administración Pública a través das novas tecnoloxías, xerar ideas para o desenvolvemento de novas iniciativas, e fomentar a colaboración neste ámbito entre as distintas administracións públicas, a empresa privada e a sociedade civil. Así mesmo será o primeiro órgano a través do que cidadáns e empresas poderán participar no deseño e revisión dos programas da administración electrónica. Para iso manterá contactos con distintos colectivos relevantes na Administración electrónica, así como con comunidades autónomas e entes locais a través do Comité Sectorial de Administración Electrónica e a Comisión Nacional de Administración Local, respectivamente. O ministro tamén anunciou a creación dun rexistro telemático único, a posta en marcha do pagamento telemático e a notificación segura, así como a incorporación a Internet dos 800 formularios da Administración Xeral do Estado. Fonte: Ministerio de Administracións Públicas.
|
| < Prev | Next > |
|---|


