Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Xeral >> Primeiro Congreso Europeo de protección de datos
 
Primeiro Congreso Europeo de protección de datos
29.03.2006 Print PDF Email
Onte inaugurouse o Primeiro Congreso Europeo de Protección de Datos ao que asisten máis de 300 expertos nacionais e internacionais do ámbito político, institucional e empresarial. Na súa intervención, o ministro de Xustiza, López Aguilar, sinalou que España é un país que se tomou en serio a protección de datos persoais e "temos unha das lexislacións non só máis avanzadas senón máis aguerridas e máis protectoras" da escena internacional. "En España non llo puxemos doado aos que trasfegan con datos persoais, a quen pretenden conculcar a legalidade", manifestou. Para iso creouse a Axencia Española de Protección de Datos, que funciona de forma autónoma e "ten facultades para perseguir as violacións das garantías de protección dos datos persoais e impor sancións que poden chegar a ser economicamente moi cuantiosas".

O ministro de Xustiza incidiu, ademais, en que España está disposta a continuar avanzando e debe aprender de todas as experiencias. "Diría que este Congreso pode achegar moito no ámbito da protección de datos", manifestou López Aguilar, quen acabou dicindo que "España non padece un déficit de regulación en relación; é pioneira no cumprimento dos seus compromisos de garantía e protección dos dereitos e a personalidade, así como na utilización de ferramentas de manexo de datos de carácter persoal".

Pola súa parte, o director da Axencia Española de Protección de Datos, José Luis Piñar, agradeceu a SS.MM. os Reis de España ter aceptado a presidencia de Honra deste Primeiro Congreso Europeo de Protección de Datos. Ademais, sinalou que a protección de datos ten catro aspectos importantes: a seguridade, economía e mercado, transparencia e liberdade de expresión e o uso das novas tecnoloxías. Neste sentido, o director comentou que estas cuestións serán tratadas, a través dun diálogo aberto, cos actores e sectores implicados: empresas, administracións públicas, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, tribunais e cidadáns. O conselleiro secretario xeral de BBVA, José Maldonado, incidiu na necesidade deste Congreso, considerando que "a protección de datos é de gran importancia ante os novos cambios tecnolóxicos, tan decisivos na nosa sociedade". Segundo Maldonado, a Protección de Datos "descansa no ámbito persoal e da empresa". Así mesmo, o conselleiro secretario xeral de BBVA destacou a importancia de salvagardar a os dereitos persoais á hora de ofrecer servizos. Maldonado finalizou a súa intervención lembrando que "os reguladores teñen unha misión fundamental para articular este enorme campo".

Finalmente, o director xeral do Consello Superior de Cámaras de Comercio Industria e Navegación, Fernando Gómez, manifestou que desde as Cámaras de Comercio "debemos estar atentos porque o Congreso abrangue temas que coinciden cun campo importante de actividade". Un dos aspectos é a informática e as Novas Tecnoloxías nas empresas e na sociedade, destacando "o intenso traballo na sinatura dixital nas empresas para que poida desenvolverse o comercio electrónico, a comisión de servizos on line, ou a provisión de bases de datos". Por outra parte, lembrou o compromiso das Cámaras con "o ámbito da protección de datos, pois seguimos tendo un papel relevante transmitindo ás empresas coñecementos e facilidades no cumprimento das súas obrigas".

O Primeiro Congreso Europeo de Protección de Datos foi organizado pola Axencia Española de Protección de Datos, a Fundación BBVA, e o Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación. O obxectivo do Congreso, aberto a todos os axentes involucrados na defensa do dereito fundamental á protección de datos persoais, é expor e debater sobre as implicacións da protección de datos na actividade económica, a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada, a loita contra o fraude, e a transparencia administrativa.

Fonte: www.madrimasd.org

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com