| Industria impulsa a formación dos empregados en TIC nas pemes | ||||
|
|
Estos programas formativos teñen como principal obxectivo o fomento do desenvolvemento tecnolóxico das pemes
O director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, presentou as convocatorias 2006 do Proxecto Avanza relativas a formación de empregados, en concreto o Programa de Formación en Telecomunicacións (FORINTEL) e o Programa de iniciación de traballadores online (INTRO). Estas actuacións buscan incrementar os recursos humanos cualificados en TIC, impulsar a súa adopción nas pemes e aumentar a implantación do comercio electrónico. O Programa FORINTEL, que se puxo en marca en agosto de 2001, concrétase na organización e impartición de accións formativas a empregados, de formación xeral en servizos avanzados de telecomunicacións e tecnoloxías, co que se mellora substancialmente a empregabilidade do traballador. O programa conta no 2006 cuns recursos de 14,6 millóns de euros. No que respecta ao Programa INTRO, o seu obxectivo fundamental é o apoio a proxectos empresariais que faciliten a formación e tamén familiaricen aos traballadores coas TIC, mediante a impartición de accións formativas nas modalidades online e mixta e a entrega aos traballadores do material necesario para acceder á Sociedade da Información fóra do ámbito da empresa. INTRO está dotado este ano con 13 millóns de euros en subvencións e 25 millóns de euros en empréstitos reembolsables para o financiamento de 50 proxectos, que permitan a formación duns 20.000 empregados. Fonte: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

