|
Esta clasificación realízaa anualmente o Foro Mundial, a partir dunha análise de 115 países. O índice mide as accións dos países para aproveitar as oportunidades que as TIC ofrecen para o crecemento e a competitividade.
Algúns dos parámetros analizados son as infraestruturas TIC, o dinamismo do mercado, o uso das TIC por parte de empresas e administracións públicas, a innovación tecnolóxica, a calidade das institucións educativas neste ámbito e os niveis de cooperación entre os axentes destacados en investigación e as empresas.
España está situada no posto 33 desta lista, dous postos máis atrás que en 2005. Aproximadamente co mesmo nivel se sitúan países como Chile, Malta e a República Checa. O primeiro posto ocúpao de novo EE.UU.
Descarga (formato excel)
Fonte: World Economic Forum |