Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Observatorio >> Os bancos por Internet aumentaron un 53% o seu beneficio en 2005
 
Os bancos por Internet aumentaron un 53% o seu beneficio en 2005
26.03.2006 Print PDF Email
ING Direct, Bancopopular-e, Un-e e Openbank captaron máis de 5.000 millóns en depósitos Os bancos por Internet que operan en España -ING Direct, Bancopopular-e, Un-e e Openbank-, obtiveron no 2005 un beneficio conxunto de 64,59 millóns de euros, o que supón un incremento do 53,82% respecto ao exercicio anterior.

Ademais, estas catro entidades captaron máis de 5.000 millóns de euros en depósitos no 2005 e administraban a finais do ano pasado 21.383 millóns de euros, unha cifra moi importante se se ten en conta a inexistencia de sucursais.

Por entidades, ING Direct rexistrou o maior resultado en 2005, cun beneficio de 43,5 millóns de euros, un 57% superior ao ano anterior.

Por detrás situouse o Bancopopular-e, filial por internet do Banco Popular, que conseguiu un beneficio neto atribuído de 10,58 millóns de euros, o que representa un incremento do 85,95% en relación ao exercicio anterior, o maior crecemento porcentual de todos os bancos 'on line'.

Un-e, a filial por Internet de BBVA, foi a única entidade que reduciu os seus beneficios en 2005, en concreto un 11,4%, ata os 7,5 millóns de euros, segundo o Informe Anual de BBVA.

Por último, Openbank, filial do Santander, gañou 3,01 millóns de euros en 2005, o que supón un incremento do 50,12% respecto ao ano anterior.

Aumento dos depósitos
Este crecemento dos beneficios demostra que os bancos por Internet non paran de medrar en España e rabuñan progresivamente negocio ás entidades tradicionais.

ING xestionaba a peche de 2005 fondos por un importe de 16.291 millóns de euros, o que supón 4.553 millóns máis (+38%) que en 2004, mentres que Openbank captou 432 millóns o ano pasado en depósitos, ata os 3.460 millóns de euros.

Un-e xestionaba un volume de recursos dos seus clientes de 1.408 millóns, cun crecemento do 27,1% respecto ao exercicio anterior, mentres que os recursos de clientes xestionados por Bancopopular-e alcanzaron os 224 millóns, un 15% máis que en 2004.

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com