Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Subvencions >> Próxima onvocatoria de axudas de I+D na área de Tecnoloxías da Sociedade da Información
 
Próxima onvocatoria de axudas de I+D na área de Tecnoloxías da Sociedade da Información
04.04.2006 Print PDF Email
O director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, anunciou a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do próximo 10 de abril dunha convocatoria de axudas para a realización de proxectos e actuacións de I+D na Área de Tecnoloxías da Sociedade da Información, no marco do Proxecto Avanza. Segundo informou o ministerio de Industria, Turismo e Comercio, esta convocatoria ten como fin executar as tres medidas de Política Industrial de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) do Proxecto Avanza, referidas á planificación anticipada da demanda en TIC das Administracións Públicas, a mellora da calidade do software e o fomento das plataformas tecnolóxicas en España.

As axudas convocadas para o período 2006-2008 suman unha contía de 9,64 millóns de euros en subvencións e 28 millóns de euros en empréstitos, dos que corresponden á anualidade 2006 un total de 5,35 millóns de euros en subvencións e 15 millóns de euros en empréstitos. En concreto, 1,5 millóns de euros en subvencións e 5 millóns de euros en empréstitos dedicaranse no 2006 á medida do Proxecto Avanza dirixida á mellora da calidade do software feito en España.

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com