Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Xeral >> O FECYT impulsa a creación dun consorcio de compra de publicacións científicas electrónicas
 
O FECYT impulsa a creación dun consorcio de compra de publicacións científicas electrónicas
09.04.2006 Imprimir PDF Email
A ministra de Educación e Ciencia, María Jesús San Segundo, presentou dous novos proxectos da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT): O Currículum Vitae Normalizado (CVN) e un proxecto para a constitución dun marco nacional de compra consorciada de recursos científicos electrónicos. Ambas iniciativas suporán un importante impulso para a coordinación dos diferentes axentes do noso sistema español de ciencia e tecnoloxía, tanto para facilitar os trámites burocráticos que teñen que facer os investigadores, como para optimizar os recursos investidos polas distintas institucións en suscripciones a revistas electrónicas.

A Ministra presentou o proxecto de Biblioteca Electrónica de Ciencia e Tecnoloxía (BECyT) que consiste en organizar a compra consorciada de información científica en formato electrónico (fundamentalmente suscripcións a revistas científicas). Neste caso as vantaxes serían que "estariamos igualando as posibilidades de acceso a toda a produción científica nas revistas e as bases de datos para tódolos nosos centros en tódolos territorios, calquera que sexa o seu tamaño e polo tanto as súas diferentes posibilidades de manter unha suscripción máis ou menos ampla", subliñou María Jesús San Segundo.

O custo global da medida sería aproximadamente duns 80 millóns de euros, a afrontar de xeito conxunto polas institucións de investigación, as administracións autonómicas e o MEC. Aumentar un 10% ou un 15% o custo total que facemos entre as institucións e administracións neste tipo de revistas e bases de datos calcúlase que o acceso, o uso destes servizos crecería un 100%. Os usuarios potenciais desta biblioteca virtual consorciada serían uns 150.000 investigadores e uns 50.000 estudantes de tercer ciclo. A BECyT estará plenamente operativa a principios de 2007.

Currículum Vitae Normalizado

A Ministra explicou que "o Currículum Vitae Normalizado supón unha mellora moi substancial nos procedementos de xestión. Vaise a impulsar o xeito de compartilo por parte de tódolos axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía, de tódalas administracións, facilitando enormemente tanto a vinculación de calquera investigador coas distintas convocatorias das administracións, con outros organismos de investigación, como todo o proceso de xestión de solicitudes de axudas das distintas convocatorias", engadiu.

O Currículum Vitae Normalizado (CVN) é un formulario estándar que servirá para todo tipo de científicos. Grazas ao formato unificado, as bases de datos das diferentes institucións relacionadas coa investigación (ANEP, CNEAI, ANECA, universidades, etc.) poderanse conectar entre si. Deste xeito, cando o investigador actualice o seu currículum, tódalas institucións terán constancia da actualización.

A administración pasa así a ser proactiva: En lugar de pedir ao investigador o seu currículum cada vez que queira optar a unha convocatoria de axudas a proxectos de investigación, preguntaralle se os datos de que dispón son correctos. A base de datos global resultante da interacción de tódalas bases de datos preexistentes, o denominado Sistema de Información Curricular de I+D+i (SIC), permitirá saber quen é quen en Ciencia e Tecnoloxía (perfís de expertos, de individuos e centros) e, como consecuencia, será moi útil para realizar tarefas de prospectiva. As diferentes entidades do Sistema Español de Ciencia-Tecnoloxía-Empresa poderán formar parte do SIC tanto de forma activa (conectando a súa propia base de datos), como de forma pasiva (se carecen dun sistema de información curricular propio).

O proxecto de Currículum Vitae Normalizado comezou a xestarse en xaneiro de 2005 co obxectivo de identificar o mínimo contido común que debería ter un currículum vitae no ámbito do I+D+i. Na actualidade estase traballando na elaboración do modelo de sistema de información que, respectando os sistemas curriculares das diferentes entidades, permita o intercambio de información entre as mesmas. En 2007 o sistema estará funcionando a pleno rendemento.

FONTE: AGN

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com