Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Xeral >> O INE publica Enquisa de tecnoloxías da información nos fogares
 
O INE publica Enquisa de tecnoloxías da información nos fogares
09.04.2006 Print PDF Email
O Instituto Nacional de Estatística publicou a súa a Enquisa de tecnoloxías da información nos fogares baseada nas cifras correspondentes ao segundo semestre do ano 2005. Entre as principais conclusións do mesmo destaca o crecente uso entre os mozos da TIC: un 65,87 por cento dos rapaces de 10 a 14 anos navegan por internet, e un 54.33 por cento ten teléfono móbil. Estas cifras supoñen un importantísimo aumento en só dous anos, con incrementos do 15 e 20 puntos respectivamente. Por comunidades autónomas, o País Vasco destaca en canto á utilización do móbil, onde un 62 por cento dos rapaces dispón de un. Séguenlles os aragoneses, valencianos e estremeños, con case un 60 por cento de propietarios de móbiles de menos de 14 anos.

Na cola da táboa atópase Melilla, onde os máis mozos que dispoñen dun destes aparellos son menos do 38 por cento e A Rioja, con pouco máis do 43 por cento de usuarios adolescentes de móbiles. Nos últimos dous anos, o incremento máis espectacular (37 puntos) produciuse tamén no País Vasco, xa que se no 2003 tiñan móbil pouco máis do 25 por cento dos rapaces e rapazas, no 2005 a porcentaxe era xa de máis do 62 por cento.

Polo que se refire ao uso da rede entre os nenos e adolescentes, Cataluña encóntrase á cabeza con máis dun 83 por cento, seguida por Baleares, que pasou en dous anos dun 52,7 a un 74,4 por cento.

Sobresae tamén Melilla, onde se deu un aumento de 60 puntos na porcentaxe de adolescentes que utilizaron internet entre o ano 2003 (15,17 por cento) e 2005 (75,86 por cento). No extremo contrario pouco máis da metade dos xoves desas idades murcianos navegaran pola rede nos tres meses anteriores á enquisa.

Fonte: A Razón

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com