| Aberto o dominio '.eu' para calquera persoa europea | ||||
|
|
Despois de catro meses de fase de prerregistro para empresas e institucións, o venres abríronse os dominios eu para todos os cidadáns europeos.
As peticións serán examinadas por rigorosa orde de entrada. O Rexistro Europeo de Dominios de Internet (EUrid), organización sen ánimo de lucro con sede en Bélxica que xestiona o dominio, ampárase así no principio de first-come, first-served, “primeiro que chega, primeiro en ser atendido", segundo informa EFE. Este organismo ocuparase tamén de labores como acreditar aos rexistradores ou resolver conflitos que poidan xurdir polos '.eu'. O único requirimento para rexistrar un dominio europeo de primeiro nivel é residir na Unión Europea e que o nome non estea xa rexistrado. Para solicitar un dominio nesta fase aberta definitivamente, denominada 'Land Rush', abondará con acudir a un axente rexistrador acreditado e solicitalo, como sucede con outros tipos de dominios. Durante o primeiro ano, EURid cobrará a cada entidade autorizada para rexistrar dominios '.eu' unha cantidade de 10 euros por rexistro. A dito prezo haberá que sumar a marxe de beneficio que considere oportuno cada compañía, pero aínda así os prezos finais parece que serán accesibles, sobre todo tendo en conta que a partir do segundo ano EURid espera poder reducir o custo a 5 euros. Na actualidade hai uns 1,361,237 dominios '.eu' activos, destacando Alemaña e Reino Unido como os países con máis dominios. Fonte: O Mundo
|
| < Prev | Next > |
|---|

