| Convenio entre Innovación e Industria e a entidade Red.es para desenvolver a sociedade da informació | ||||
|
|
A consellería de Innovación e Industria e a entidade pública empresarial Red.es veñen de asinar un convenio de colaboración para a realización de distintas actuacións co obxectivo de fomentar e desenvolver a sociedade da información en Galicia.
Así, entre as actuacións previstas atópanse a elaboración dun estudo de indicadores de converxencia para a sociedade da información en Galicia, coa presentación de análises trimestrais sobre a evolución dos citados indicadores e realización de actividades de difusión do estudo. Tamén se elaborará unha base de datos de infraestruturas que identifique os recursos existentes no país en relación coa sociedade da información. De igual xeito, realizarase un estudo para identificar as infraestruturas existentes en Galicia pertencentes a entidades privadas que se poñen a disposición da cidadanía para o uso das novas tecnoloxías e desenvolverase un completo programa de conferencias, seminarios e congresos para sensibilización e debate sobre a sociedade da información nas empresas e na cidadanía en xeral. Ademais poranse en marcha os grupos de traballo para a detección de necesidades e especificacións técnicas para a elaboración de contidos e para o desenvolvemento de aplicacións e servizos, e realizaranse os programas formativos de dinamizadores e desenvolvemento de actividades de dinamización na utilización de Internet. Tamén se porán en funcionamento centros de referencia para empresarios e traballadores que poderán ser utilizados como centros de formación en novas tecnoloxías, comercio electrónico, tramitación de axudas, factura electrónica, etc. Para a execución destas actuacións, e en virtude do convenio asinado polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o director xeral da entidade pública empresarial Red.es, Ramón Palacio, Red.es transferirá á Xunta dous millóns de euros. Fonte: Xunta de Galicia
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

