| Acordo entre Red.es, a FEMP e o sector financeiro para o desenvolvemento da administración electróni | ||||
|
|
Red.es, empresa pública dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) firmaron un convenio coa Asociación Española de Banca, a Confederación Española de Caixas de Aforro e a Unión Nacional de Cooperativas de Crédito para impulsar o Servizo de Pagamento Telemático (SPT) de Rede.es na Administración Pública Local.
O obxecto deste convenio é establecer os termos e condicións nos que Rede.es realizará as prestacións de carácter técnico e material necesarias para a implantación e funcionamento do Servizo de Pagamento Telemático no ámbito de actuación das Administracións Locais. O Servizo de Pagamento Telemático (SPT) proporciona aos cidadáns, ás administracións públicas e ás entidades financeiras un mecanismo común, normalizado e seguro, que permite o pagamento de tributos e taxas por Internet con todas as garantías xurídicas. As modalidades de pagamento que se recollen son o pagamento directo por parte de cidadáns e empresas e o pagamento por lotes por parte de representantes. O cargo en conta, o pagamento con tarxeta de crédito e a domiciliación son os tres medios de pagamento soportados. O servizo permite tamén realizar consultas sobre os pagamentos realizados. O SPT baséase no Modelo de Pasarela de Pagamento da AEAT. Desta maneira os intercambios de información son seguros xa que se garante o principio de non repudio nas operacións grazas á utilización da sinatura electrónica. Do mesmo xeito, presentouse a nova páxina web http://pago.red.esque servirá para difundir as características do Servizo de Pagamento Telemático Seguro. Fonte: Red.es
|
| < Prev | Next > |
|---|


