Logo ICHNOS     Logo ICHNOS
Inicio >> Actualidade >> Acordo entre Red.es, a FEMP e o sector financeiro para o desenvolvemento da administración electróni
 
Acordo entre Red.es, a FEMP e o sector financeiro para o desenvolvemento da administración electróni
10.04.2006 Imprimir Email
Red.es, empresa pública dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) firmaron un convenio coa Asociación Española de Banca, a Confederación Española de Caixas de Aforro e a Unión Nacional de Cooperativas de Crédito para impulsar o Servizo de Pagamento Telemático (SPT) de Rede.es na Administración Pública Local. O obxecto deste convenio é establecer os termos e condicións nos que Rede.es realizará as prestacións de carácter técnico e material necesarias para a implantación e funcionamento do Servizo de Pagamento Telemático no ámbito de actuación das Administracións Locais.

O Servizo de Pagamento Telemático (SPT) proporciona aos cidadáns, ás administracións públicas e ás entidades financeiras un mecanismo común, normalizado e seguro, que permite o pagamento de tributos e taxas por Internet con todas as garantías xurídicas.

As modalidades de pagamento que se recollen son o pagamento directo por parte de cidadáns e empresas e o pagamento por lotes por parte de representantes. O cargo en conta, o pagamento con tarxeta de crédito e a domiciliación son os tres medios de pagamento soportados. O servizo permite tamén realizar consultas sobre os pagamentos realizados.

O SPT baséase no Modelo de Pasarela de Pagamento da AEAT. Desta maneira os intercambios de información son seguros xa que se garante o principio de non repudio nas operacións grazas á utilización da sinatura electrónica.

Do mesmo xeito, presentouse a nova páxina web http://pago.red.esque servirá para difundir as características do Servizo de Pagamento Telemático Seguro.

Fonte: Red.es

 

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Maio 2012
L M Me X V S D
301 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Últimos eventos

No Latest Events
 

Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com