Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Xeral >> A ONU anuncia nova Alianza Global en Tecnoloxías da Información para o Desenvolvemento
 
A ONU anuncia nova Alianza Global en Tecnoloxías da Información para o Desenvolvemento
16.04.2006 Print PDF Email
As Nacións Unidas anunciaron o pasado xoves 13 de abril, o lanzamento dunha nova Alianza Global das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para o Desenvolvemento. A iniciativa reunirá a unha gran variedade de participantes nun esforzo internacional mancomunado para ampliar o uso das tecnoloxías na loita contra a pobreza A primeira reunión celebrarase o 19 de xuño en Kuala Lumpur. Organizaranse foros globais temáticos relacionados co rol das TIC no desenvolvemento das economías e na erradicación da pobreza.

Centrarase en temas como saúde, educación, igualdade de xéneros e mocidade así como sectores discapacitados e en desvantaxe nas sociedades.

A Alianza Global estará aberta á participación dos gobernos, as empresas, a sociedade civil, as organizacións internacionais, os grupos industriais, as asociacións profesionais, os medios de comunicación e os académicos.

A finalidade é integrar as TIC ás políticas nacionais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), unha serie de metas con prazos, destinadas a combater a pobreza no mundo e establecidas no Cumio da ONU de 2000.

Fonte: Nacións Unidas

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com