| Seminario do IGAPE sobre novas tecnoloxías en Paradela | |||
|
|
O centro sociocultural Manuel Oreste, de Paradela, acollerá o próximo día 26 o seminario promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O obxectivo do mesmo é difundir a utilización das novas tecnoloxías da información e as comunicacións entre os empresarios do municipio.
O curso, de oito horas de duración, é gratuíto e ten carácter práctico. As clases impartiranse de 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 pola tarde. Fonte: La Voz de Galicia
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

