Logo ICHNOS     Logo ICHNOS
Inicio >> Actualidade >> Máis dun milleiro de persoas participarán no I Día do Emprendedor
 
Máis dun milleiro de persoas participarán no I Día do Emprendedor
17.04.2006 Imprimir Email
O obxectivo é dinamizar a cultura do emprendemento e difundir habilidades e experiencias de novos empresarios. Máis dun milleiro de persoas participarán no I Día do Emprendedor, que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo 23 de maio. Organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, o encontro conta coa colaboración das consellerías de Economía, Innovación, Educación e Traballo, así como da Confederación de Empresarios de Galicia e do Consello Galego de Cámaras de Comercio. Promovido pola Dirección General de la Pyme –dependente do Ministerio de Industria, ten como principal obxectivo o fomento da cultura do emprendemento empresarial.

A xornada ofrece un programa de actividades que se agrupan en nove bloques temáticos nos que se desenvolverán ponencias e mesas redondas sobre asuntos como as novas oportunidades de negocio, o financiamento de proxectos, a innovación no emprendemento ou o crecemento e a consolidación empresarial.

Foro Galego do Emprendemento

A xornada culminará coa celebración do primeiro plenario do Foro Galego do Emprendemento, impulsado polo Igape para facilitar a colaboración entre institucións, entidades, asociacións ou organismos intermedios con obxectivos comúns no eido da formación e o asesoramento a emprendedores, na prestación de servizos e apoios para facilitar a implantación e a consolidación de novas iniciativas empresariais.

No Foro Galego do Emprendemento, a colaboración articularase principalmente en liña, a través do portal xa aberto en Internet (www.emprenderengalicia.com) e mediante grupos de traballo sobre normativas, mecanismos de coordinación, financiamento de proxectos emprendedores, estudos sobre a actividade emprendedora en Galicia, metodoloxías e ferramentas, e a atención ao emprendedor, entre outros posibles aspectos.

Fonte: IGAPE

 

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Maio 2012
L M Me X V S D
301 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Últimos eventos

No Latest Events
 

Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com