| O II Tour Tecnolóxico de @asLAN pasará por Galicia | ||||
|
|
A Asociación de Provedores de rede, internet e telecomunicacións mostrará en Coruña os beneficios das novas tecnoloxías nas empresas e administración pública.
A Asociación de Provedores de rede, internet e telecomunicacións (@asLAN) desenvolverá durante os meses de maio, xuño e outubro a II edición do seu Tour Tecnolóxico. Nel tentan ofrecer unha visión global e integrada de diferentes tecnoloxías relacionadas coas redes, así como os beneficios da súa implementación. Nesta ocasión, visitarán cinco comunidades autonómas, Zaragoza, Andalucía, Valencia, Cataluña e Galicia, onde a cidade escollida para o evento é A Coruña. En cada cidade celebraranse entre 10 e 15 conferencias por día, que serán impartidas por fabricantes, almacenistas, integradores e operadores, para impulsar as TIC tanto en empresas como na Administración Pública. Entre as principais temáticas que serán abordadas durante as conferencias destaca a seguridade en redes, así como a converxencia e as tecnoloxías sen fíos. Así mesmo, levaranse a cabo actividades para potenciar igualmente a creación de redes de contactos e a detección de novas oportunidades de negocio entre os profesionais asistentes. Para este ano, espérase contar coa asistencia de máis de 2.500 responsables TIC. Fonte: Computing.es |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

