| O ICO e o IGAPE destinan 100 millóns para financiar préstamos ás pemes galegas | ||||
|
|
As axudas destinaranse a proxectos acollidos á Liña ICO-Peme 2006 que se desenvolvan en Galicia
O Instituto de Crédito Oficial (ICO) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) firmaron o paso 6 de abril un acordo para financiar os investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas (pemes) galegas mediante axudas para a bonificación de créditos, ata un total de 100 millóns de euros. Os apoios formalizaranse a través de operacións de crédito, xa sexan préstamos ou contratos de alugueiro financeiro, no marco do proxecto ICO-Peme 2006. Os beneficiarios desta liña de axudas serán as pemes e as microempresas acollidos á Liña ICO-Peme 2006, que impulsen proxecto de inversión en activos produtivos novos nalgún dos sectores de actividades apoiables, principalmente en actividades industriais e comerciais e, realizar as inversións en centros produtivos da Comunidade Autónoma de Galicia. No marco deste acordo, o IGAPE concederá unha bonificación do tipo de interese de 0,50% con carácter xeral e de 0,75% se a operación está avalada por unha Sociedade de Garantía Recíproca. Esta axuda prolongarase durante os sete primeiros anos de vida da operación. As empresas deberán presentar as solicitudes a través das entidades colaboradoras, podéndose presentar en calquera entidade financeira acollida á liña ICO-Peme 2006. O modelo de solicitude publicouse no Diario Oficial de Galicia con data do 17 de abril de 2006. Fonte: Gabinete de prensa do ICO |
| < Prev | Next > |
|---|

