Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Subvencions >> O ICO e o IGAPE destinan 100 millóns para financiar préstamos ás pemes galegas
 
O ICO e o IGAPE destinan 100 millóns para financiar préstamos ás pemes galegas
24.04.2006 Imprimir PDF Email
As axudas destinaranse a proxectos acollidos á Liña ICO-Peme 2006 que se desenvolvan en Galicia O Instituto de Crédito Oficial (ICO) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) firmaron o paso 6 de abril un acordo para financiar os investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas (pemes) galegas mediante axudas para a bonificación de créditos, ata un total de 100 millóns de euros.

Os apoios formalizaranse a través de operacións de crédito, xa sexan préstamos ou contratos de alugueiro financeiro, no marco do proxecto ICO-Peme 2006.

Os beneficiarios desta liña de axudas serán as pemes e as microempresas acollidos á Liña ICO-Peme 2006, que impulsen proxecto de inversión en activos produtivos novos nalgún dos sectores de actividades apoiables, principalmente en actividades industriais e comerciais e, realizar as inversións en centros produtivos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco deste acordo, o IGAPE concederá unha bonificación do tipo de interese de 0,50% con carácter xeral e de 0,75% se a operación está avalada por unha Sociedade de Garantía Recíproca. Esta axuda prolongarase durante os sete primeiros anos de vida da operación.

As empresas deberán presentar as solicitudes a través das entidades colaboradoras, podéndose presentar en calquera entidade financeira acollida á liña ICO-Peme 2006. O modelo de solicitude publicouse no Diario Oficial de Galicia con data do 17 de abril de 2006.

Fonte: Gabinete de prensa do ICO

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com