|
As familias galegas dispoñen dun mes de prazo para solicitalas
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou en rolda de prensa o pasado 20 de abril, a aprobación da orde pola que se establecerá unha liña de axudas para a compra de ordenadores por parte das familias galegas. O Goberno galego fixa para esta medida unha partida orzamentaria de tres millóns de euros, cantidade que permitirá que se beneficien desta acción 10.000 familias galegas. A contía será de trescentos euros por familia, pero poderá compatibilizarse con outras axudas destinadas a este fin. Asimismo asegurou que se poderá acceder a esta financiación antes do verán.
Estas axudas priorizarán, nesta primeira etapa, a aquelas familias que teñan escolares en 5º e 6º de Primaria e en 1º e 2º de Secundaria. O único criterio será “escrupulosamente” o nivel de renda.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do sábado 22 de abril. Os interesados deben completar on line a solicitude e anexos que se atopan na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasord/Index.jsp. Posteriormente terán que imprimir esa solicitude e presentala no centro educativo no que están matriculados os fillos para que certifique que curso están a realizar. Máis tarde, e antes de que remate o prazo para a presentación das solicitudes, deberán dirixir esa mesma documentación, debidamente asinada, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Orde no DOG [.pdf]
|