| Plan da UE para impulsar a Administración Electrónica | |||
|
|
A Comisión Europea presentou hoxe un plano de acción sobre administración electrónica que inclue como obxectivos acadar que no 2010 o 100% da contratación pública poida realizarse a través de Internet, así como a xeralización da factura electrónica. Estas medidas poderían aforrar, segundo as súas estimacións, 300 miles de millóns de euros cada ano.
Segundo declarou Viviane Reding –Comisaria para a Sociedade da Información e Medios de Comunicación- “a administración electrónica deixou de ser un xoguete político, para converterse na ferramenta esencial de goberno para modernizar as administracións públicas europeas”. O executivo comunitario destacou que as iniciativas de goberno electrónico en Europa tiveron xa como consecuencia un aforro de tempo e diñeiro significativo nalgúns Estados Membros. Así, en Italia a introducción de procesos electrónicos nos sistemas de contratación pública conlevou un aforro de 3.200 millóns de euros no ano 2003. O novo plano de acción de goberno electrónico adoptado hoxe pola Comisión Europea diríxese cara 5 áreas prioritarias para 2010: 1. Ningún cidadán excluído. O plano pretenden asegurar a xeralización do acceso de todos os cidadáns á administración, logo aos medios técnicos necesarios (televisión dixital, teléfonos móbiles e ordenadores,...) sen distinción por razóns de idade, nacionalidade, sexo, ingresos ou estado de saúde. 2. Incremento da eficiencia. Os gobernos deben cumprir o seu compromiso de usar as TIC para reducir substancialmente a carga administrativa para 2010. 3. Implementación da contratación pública electrónica. Dado que a contratación pública representa o 15% do PIB ou arredor de 1.500 miles de millóns anuais. Os Estados Membros comprometéronse a conseguir o 100% de dispoñibilidade e ao menos unha taxa de penetración do 50% da contratación pública en liña para o 2010, cun aforro estimado de 40 miles de millóns de euros. O plano de acción deseñará unha folla de ruta para acadar estes obxectivos así como pasos prácticos requiridos para tales pilotos de mercados de compras públicos de gran escala transfronteirizos e manexo electrónico dos documentos das empresas (o “Dosier da Empresa Electrónica”). 4. Acceso Seguro a servizos ao longo de toda a UE: o establecemento de sistemas seguros para o recoñecemento mutuo de identificacións mutuas nacionais para permitir que cando os cidadáns viaxen dentro da Unión poidan acceder en todo momento aos servizos públicos de cada país. 5. Reforzamento da participación e sistemas de decisión democráticos. A comisión pretende desenvolver experiencias no uso de tecnoloxías de información e comunicación que aumenten a participación da cidadanía na toma de decisións políticas. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|


