|
O evento desenvolverase en Lisboa (Portugal) os próximos 28 e 29 de abril
O Forum está sendo organizado polo goberno portugués e pola Comisión Europea. A convención persegue os intercambios que tiveron lugar nos forums previos, celebrados en abril do 2002 en Sevilla (España), en xullo de 2003 en Lima (Perú) e en novembro de 2004 en Río de Xaneiro (Brasil).
O Forum debatirá unha declaración centrada no impacto social das TIC para ser remitida ao UE-ALC Cumio de Xefes de Estado e Goberno, que terá lugar en Viena entre o 11 e o 12 de maio do 2006, en resposta ao mandato da ALC-UE Cumio de Guadalajara (Mexico) de maio de 2004. Do mesmo xeito, debatirá a implementación do programa de traballo bi-rexional para a inclusión dixital adoptado no pasado Forum.
Fonte: Comisión Europea
Máis información |