| Internet rende pouco en España segundo un estudo de The Economist | ||||
|
|
Algo máis de 1.000 millóns de persoas navegan por internet en todo o mundo. E é Dinamarca –por segundo ano consecutivo- e EE UU os países que mellor aproveitan as posibilidades da canle electrónica, segundo o informe The e-readiness 2006 rankings realizado por The Economist Intelligence Unit e IBM. Entre as súas conclusións máis notables resalta que os países máis atrasados comezan a recortar a fenda dixital respecto á cabeza.
O estudo, feito público onte, mide as 65 maiores economías do mundo para sinalar os países que están en mellor disposición de acoller negocios baseados en internet. A clasificación basease en diferentes parámetros: o uso de servizos de negocio electrónico (consultoría, soporte técnico, tecnoloxía e xeneralización de estándares) na empresa; grao de madurez do tecido empresarial; potencial para atraer inversións a cinco anos vista e a sensibilidade de políticos e lexisladores para favorecer a penetración da rede. En todos estes parámetros España sae ben parada, pero non tanto na capacidade e experiencia da poboación activa ante un PC; o peso do comercio electrónico; a porcentaxe do PIB que inviste o Goberno en tecnoloxía e na calidade, prezo e fiabilidade de servizos como a telefonía e conexión de banda ancha Aínda así, España ocupa o lugar número 24 na clasificación global e o 13 en Europa, cunha nota de 7,34 sobre 10. A puntuación de España mellorou nos últimos 12 meses 0,26 puntos, o que supón unha evolución lixeiramente superior á media europea. Fonte: Cinco Días
|
| < Prev | Next > |
|---|

