Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Xeral >> Internet rende pouco en España segundo un estudo de The Economist
 
Internet rende pouco en España segundo un estudo de The Economist
26.04.2006 Imprimir PDF Email
Algo máis de 1.000 millóns de persoas navegan por internet en todo o mundo. E é Dinamarca –por segundo ano consecutivo- e EE UU os países que mellor aproveitan as posibilidades da canle electrónica, segundo o informe The e-readiness 2006 rankings realizado por The Economist Intelligence Unit e IBM. Entre as súas conclusións máis notables resalta que os países máis atrasados comezan a recortar a fenda dixital respecto á cabeza. O estudo, feito público onte, mide as 65 maiores economías do mundo para sinalar os países que están en mellor disposición de acoller negocios baseados en internet.

A clasificación basease en diferentes parámetros: o uso de servizos de negocio electrónico (consultoría, soporte técnico, tecnoloxía e xeneralización de estándares) na empresa; grao de madurez do tecido empresarial; potencial para atraer inversións a cinco anos vista e a sensibilidade de políticos e lexisladores para favorecer a penetración da rede.

En todos estes parámetros España sae ben parada, pero non tanto na capacidade e experiencia da poboación activa ante un PC; o peso do comercio electrónico; a porcentaxe do PIB que inviste o Goberno en tecnoloxía e na calidade, prezo e fiabilidade de servizos como a telefonía e conexión de banda ancha

Aínda así, España ocupa o lugar número 24 na clasificación global e o 13 en Europa, cunha nota de 7,34 sobre 10. A puntuación de España mellorou nos últimos 12 meses 0,26 puntos, o que supón unha evolución lixeiramente superior á media europea.

Fonte: Cinco Días

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com