Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Observatorio >> Expertos de toda España debaterán en Valencia sobre o futuro das TIC
 
Expertos de toda España debaterán en Valencia sobre o futuro das TIC
26.04.2006 Imprimir Email
Expertos de toda España reuniranse este xoves no auditorio da Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia no I Encontro de Innovación en Telecomunicacións (EdIT), que será punto de encontro entre profesionais do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) a nivel nacional. O encontro está organizado polo Instituto de Telecomunicacións e Aplicacións Multimedia (iTEAM) da Universidade Politécnica de Valencia, coa colaboración da Cidade Politécnica da Innovación e o patrocinio da Fundación Vodafone.

Estruturado en sesións temáticas que cubrirán visións estratéxicas que van desde o ámbito europeo ata o local, ofrecerá a perspectiva estratéxica e de futuro das TIC desde os diferentes prismas de cada unha das empresas e entidades participantes.

No encontro farase un percorrido polas tendencias actuais de I+D, produción de novas tecnoloxías, equipos e servizos, evolución dos Operadores de Rede, o futuro da Cidade Dixital, e avances en Comercio Electrónico. Tamén se debaterá en torno á aplicación das novas tecnoloxías para o Benestar Social, as oportunidades para as PEMES, o Marco de Regulación así como o posicionamento das TIC no 7º Programa Marco.

Fonte: Panorama Actual

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Maio 2012
L M Me X V S D
301 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com