| A Universidade de Santiago sondea a predisposición á innovación das empresas galegas | |||
|
|
Un grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa da Dirección Xeral de I+D+i, está a realizar un proxecto destinado a sondear a predisposición e a capacidade do sector produtivo galego de cara a levar a cabo iniciativas innovadoras.
Segundo os investigadores, o obxectivo do proxecto é afondar na análise do comportamento das empresas galegas dos distintos sectores productivos respecto da adquisición de novos coñecementos de cara á innovación, así como en relación á propia actividade innovadora desenvolvida pola empresa. Os resultados desta investigación serán de utilidade tamén no deseño de políticas de apoio á innovación empresarial e a creación de novas empresas en Galicia máis axeitadas ás necesidades reais do tecido empresarial. O grupo de investigación pide a colaboración das empresas galegas a través da cobertura dun cuestionario no que se abordan cuestións relativas a actividades de innovación, vías de incorporacións de coñecemento de cara á innovación, demanda de servizos externos, etc. O cuestionario está dispoñible na páxina www.usc.es/psgi/index.php?id=22738 e terá que introducirse o código de acceso: 32aa1n59 Fonte: Agn |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

