|
Do 21 ao 24 de maio, celebrarase en Washington D.C., a 17 edición da conferencia anual de IRMA International, que terá por título Tendencias emerxentes e retos na xestión de Tecnoloxía da Información.
A Asociación de Xestión de Recursos de Información (Information Resources Management Association- IRMA) é unha asociación profesional internacional dedicada a actualizar os conceptos e prácticas de xestión de recursos de información nas organizacións modernas. O seu principal obxectivo é promover a comprensión, desenvolvemento e práctica da xestión dos recursos da sociedade da información como activos empresariais clave entre profesionais das TIC.
Máis información |