Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Observatorio >> As empresa españolas superan a media da UE en conexión a rede de banda ancha
 
As empresa españolas superan a media da UE en conexión a rede de banda ancha
04.05.2006 Imprimir Email
Un 72 por cento das empresas con máis de dez empregados en España dispón de acceso a Internet a través de banda ancha, o que sitúa a media nacional por encima da europea, cifrada nun 52 por cento. Este dato é un indicador de que o país presenta unha “posición sobresaínte” no conxunto da Unión Europea na calidade das conexións á rede, segundo subliñou o pasado venres o presidente executivo de Telefónica en España, Luis Lada, na presentación do estudio sobre a Sociedade da Información en 2005.

De acordo con este informe, elaborado pola Fundación Telefónica, España superou a finais do ano pasado os cinco millóns de accesos de banda ancha fixa, dos que o 79 por cento utilizaron ADSL, e prevé que esta cifra ascenda aos 7.5 millóns en 2006 e aos 18 para finais da década.

Lada centrou a súa intervención no ámbito empresarial e destacou a relación obtida polo estudo entre a extensión da rede de tecnoloxías da información e a comunicación –TIC- e o desenvolvemento económico dunha comunidade, no seu produto interior bruto e, polo tanto, “na súa produtividade”.

España ocupa o terceiro posto en Europa no que se refire á penetración de Internet en medianas e grandes empresas, mentres que nas microempresas –formadas por dous empregados- hai un 37% que están “desconectadas” –carecen de PC e non acceden a Internet-.

Fonte: Finanzas.com

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Maio 2012
L M Me X V S D
301 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com