| Red.es ofrece dominios ''.es''a 1 euro para autónomo e empresas | ||||
|
|
Estarán dispoñibles a partir do 17 de maio
Red.es ofrece ás empresas e profesionais autónomos españois que o desexen a posibilidade de rexistrar ao prezo de 1 euro (IVE non incluído) un dominio “.es” do tipo www.nomedaempresa.es Os interesados nesta promoción, só teñen que acceder á páxina web www.red.es/dominios1euro desexado, ate un máximo de tres dominios “.es” por empresa ou profesional. A promoción comezará ás 00.00 horas do día 17 de maio de 2006, coincidindo coa celebración do Día de Internet, e finalizará as 23:59 horas do 30 de xuño. Os beneficiarios da campaña deberán remitir a Red.es a documentación acreditativa da actividade empresarial no prazo de 1 mes desde o rexistro efectivo, segundo o procedemento establecido na páxina web www.red.es/dominios1euro. Se non se cumpren os criterios da promoción, é dicir, ser unha empresa española ou un profesional autónomo e non rexistrar máis de tres, o dominio ou dominios rexistrados poderían ser cancelados. Pode atopar unha comparativa das empresas que ofrecen Dominios .es a 1 euro na dirección: http://www.comparativa.com/2006/05/18/comparativa-hosting-de-las-empresas-que-ofrecen-dominios-a-1-e/ Fonte: Red.es
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

