| Informe Pago 2006: crece a aceptación do comercio electrónico grazas á mellor prevención do fraude | ||||
|
|
O informe ''Trends in Consumer Purchasing and Payment Behaviour in selected E-commerce Industries 200'' que firma Pago eTransaction Services (provedor internacional de servizos de pagos) ven de ser publicado. O estudo, que non ten carácter gratuito, é a única análise sobre comercio electrónico internacional baseada en transaccións de compras da vida real (non en enquisas).
O Informe ten como base a análise duns 50 millóns de transaccións de compras mediante a plataforma de Pago entre o 1 de outubro 2004 e o 30 de setembro de 2005. O informe se centra no comportamento do consumidor e de pago nas tendas online europeas. A conclusión máis significativa que recolle é segundo Markus Webe, director xeral da compañía, “que os índices de anulacións dos cargos descenderon considerablemente. O índide medio caeu de 0.83% en 2004 a só o 0.48% no período analizado”. O comercio electrónico europeo tamén medrou considerablemente. Entre as causas apuntadas que xustifican este feito encóntranse a estabilización nas estrucutras de comercio e de pago electrónico, xunto coa cada vez maior aceptación do consumidor. Fonte: Business Wire
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

