Logo ICHNOS      
Inicio >> Novas >> Categorías >> Xeral >> O comercio electrónico xerou 1.547 millóns de euros de ingresos en 2005
 
O comercio electrónico xerou 1.547 millóns de euros de ingresos en 2005
08.05.2006 Imprimir Email
Segundo o último informe sobre comercio electrónico da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), os ingresos xerados por compras realizadas a través da rede alcanzaron os 1.547 millóns de euros en España durante o ano 2005. A xuízo da CMT estas cifras confirman a tendencia alcista deste tipo de transaccións, xa que case duplica aos 890 millóns de euros rexistrados ao peche do exercicio 2004.

Distinguindo o destino das operacións, os maiores ingresos proviñeron das operacións que teñen como orixe España e destino o exterior, cuxo importe alcanzou os 845 millóns de euros, representando o 54,6% do total. O volume xerado dentro de España foi de 455 millóns de euros, o 29,4% do total.

O número de operacións tamén se incrementou, alcanzando os 19,79 millóns de transaccións, o que supuxo un 70,7% máis que un ano antes. As compras de transporte aéreo e a axencias de viaxe foron as que deron lugar a un maior volume de negocio no ano, ata alcanzar os 339 millóns e 158 millóns de euros, respectivamente.

En canto ao ingreso medio por operación durante 2005, a cifra aumentou ata os 78,2 euros de media por transacción realizada, cifra superior á contabilizada en exercicios anteriores.

Polo que se refire aos datos exclusivamente do cuarto trimestre de 2005, o comercio electrónico alcanzou un volume de negocio de 422 millóns de euros. Os sectores que tradicionalmente veñen xerando máis compras foron de novo os seus impulsores: o transporte aéreo, cun 19%, e as axencias de viaxes e operadores turísticos, cun 10%.

Ademais, durante este último trimestre as compras relacionadas co sector da educación rexistraron un crecemento interanual de case o 200% por volume de negocio e do 284% se se mide o número de operacións.

Finalmente, o número de operacións realizadas a través da rede durante o cuarto trimestre de 2005 superou os 6,2 millóns e rexistrou unha variación interanual do 76%.

Fonte: Finanzas.com

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Maio 2012
L M Me X V S D
301 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Últimos Eventos

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com