Logo ICHNOS     Logo ICHNOS
Inicio >> Actualidade >> Só Estremadura, Cataluña e Galicia non contan con xanela única empresarial
 
Só Estremadura, Cataluña e Galicia non contan con xanela única empresarial
22.05.2006 Imprimir PDF Email
O servizo no resto de España está aloxado pola cámaras de comercio e permite simplificar os puntos de contacto necesarios para crear un empresa. Galicia é na actualidade, xunto a Estremadura e Cataluña, a única comunidade autónoma na que as cámaras non ofrecen o servizo da xanela única empresarial, un sistema que permite resolver todos os trámites para crear unha sociedade nun só punto e co que tamén se dá asesoramento ao emprendedor sobre o proxecto de negocio. Baixo esta fórmula, moi utilizada no resto de España, creáronse máis de 50.000 sociedades no conxunto do país durante os últimos anos.

As cámaras sosteñen que co novo modelo de xanela única se pode empregar só entre unha e dúas semanas para contar con todos os requirimentos necesarios do negocio.

Sen embargo, as cámaras galegas non a teñen aínda operativa. En calquera caso, prevén proximamente a apertura da primeira xanela única, algo que se prometeu reiteradamente nos últimos anos. Así o anunciou o actual presidente do Consello Superior das Cámaras de España, Javier Gómez Navarro, durante a súa primeira a visita a Galicia desde que accedeu ao cargo.

As previsións apuntan que a xanela non se abrirá nas nove entidades galegas dado que para o seu funcionamento precisa necesita un dinamismo económico ao seu arredor que non se dá en todas as áreas galegas onde hai unha cámara de comercio. A idea que se baralla é que a xanela única en Galicia se cre no contorno do Consello Galego de Cámaras de Comercio, o organismo de coordinación no que están a Xunta e as propias corporacións.

Mentres estas institucións non poñan en marcha a xanela única empresarial, as únicas institucións similares son os P.A.I.T. (Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación). Existen 14 repartidos pola comunidade galega e permite aos emprendedores crear Sociedades Limitadas Nova Empresa nun prazo de 48 horas, simplificando moito o proceso de creación.

Fonte: La Voz de Galicia

 
< Anterior   Seguinte >
 
 
 

Eventos

 
 
Xaneiro 2009
L M Me X V S D
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Últimos eventos

No Latest Events
 

Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com