|
O Instituto Nacional das Tecnoloxías da Comunicación, INTECO, e a Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións Asimelec, chegaron a un acordo de colaboración para a realización de proxectos, estudos e programas orientados ao fomento e desenvolvemento da Sociedade da Información en España.
O acordo tamén contempla impulsar propostas académicas que agreguen valor ao posicionamento de España e Europa no ámbito da Sociedade da Información, desenvolver proxectos con contidos vinculados a un uso intensivo das TIC e facilitar a transversalidade tecnolóxica entre diferentes sectores de actividade e difundir as boas prácticas no sector TIC.
Fonte: Computing.es
|