Logo ICHNOS      
Home >> News >> Categories >> Observatorio >> A UE amplía ata 2008 a actual lexislación do IVE sobre comercio electrónico
 
A UE amplía ata 2008 a actual lexislación do IVE sobre comercio electrónico
21.05.2006 Print PDF Email
A Comisión Europea viuse forzada a ampliar as actuais normativas de IVE sobre comercio electrónico ata finais de 2008, debido a non atopar unha saída ao punto no que se encontra desde o punto de vista lexislativo. Aprobada en 2002, esta norma expira a finais do mes que vén. Estaba previsto substituíla por dúas leis xerais que cubran todos os pagamentos de IVE, non só os electrónicos, pero os 25 estados membros da Unión non puideron alcanzar un acordo en relación. Necesítase un apoio unánime dos 25 estados membros para aprobar esta lei, algo bastante complicado dado que ningún goberno nacional está disposto a ceder os seus poderes fiscais a Bruxelas.

Se se permite que a lei do IVE sobre o comercio electrónico expire sen substituta, as empresas europeas de comercio electrónico e os emisores de radio e TV por Internet quedarían en inmediata desvantaxe fronte aos seus competidores con sede fóra da UE, porque terían que seguir pagando o IVE. Tamén suporía que os fornecedores da UE estarían suxeitos ao IVE mesmo por servizos subministrados a clientes externos á Unión Europea.

Fonte: IDG.es

 
< Prev   Next >
 
 
 

Events

 
 
January 2009
M T W T F S S
2930311 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Latest Events

 
logos
Avda de Vigo s/n Campus Sur 15706 Santiago de Compostela A Coruña España :: Tlf.: +34 981 569810 :: Fax: +34 981 594616 :: info@e-negociogalicia.com