|
A Comisión Europea viuse forzada a ampliar as actuais normativas de IVE sobre comercio electrónico ata finais de 2008, debido a non atopar unha saída ao punto no que se encontra desde o punto de vista lexislativo.
Aprobada en 2002, esta norma expira a finais do mes que vén. Estaba previsto substituíla por dúas leis xerais que cubran todos os pagamentos de IVE, non só os electrónicos, pero os 25 estados membros da Unión non puideron alcanzar un acordo en relación. Necesítase un apoio unánime dos 25 estados membros para aprobar esta lei, algo bastante complicado dado que ningún goberno nacional está disposto a ceder os seus poderes fiscais a Bruxelas.
Se se permite que a lei do IVE sobre o comercio electrónico expire sen substituta, as empresas europeas de comercio electrónico e os emisores de radio e TV por Internet quedarían en inmediata desvantaxe fronte aos seus competidores con sede fóra da UE, porque terían que seguir pagando o IVE. Tamén suporía que os fornecedores da UE estarían suxeitos ao IVE mesmo por servizos subministrados a clientes externos á Unión Europea.
Fonte: IDG.es
|